Envíos gratuitos en pedidos superiores a 99€.

ENVÍO GRATUITO EN PEDIDOS SUPERIORES A 10€ EN PENÍNSULA

Devolucións

En Ton y Son sempre queremos que quedes satisfeit@ coas túas compras, por iso, ofrecemos un sinxelo servizo para realizar a devolución dun pedido. Poden darse dous casos:

Todos nos equivocamos ao tomar decisións, somos conscientes, e como rectificar é de sabios… en Ton y Son poñémoscho fácil:
Para devolver un produto co que non estás satisfeito, terás un prazo máximo de 14 días naturais dende a recepción do pedido. O produto ou produtos que queiras devolver, deberán estar en perfectas condicións, sen uso nin modificacións e cos seus embalaxes e accesorios orixinais.

Para xestionar a devolución deberás poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico tienda@tonyson.es e notificarnos que produtos da túa compra queres devolver. Tras recibir o teu mail tomaremos nota da incidencia e te responderemos nun prazo máximo de 24-28 horas, indicando a dirección onde nos debes enviar os produtos. A partires de aquí, tés un prazo de 10 días para facernos chegar os artigos que xa non queiras.

Os gastos de devolución correrán pola túa conta. Recomendámosche que nos devolvas a mercancía por correo certificado ou cun seguro que poderás facer coa compañía de transporte que elixas. En ningún caso poderemos facernos responsables dos desperfectos ou pérdidas que poidan darse no transcurso da devolución.

En canto recibamos a devolución avisarémoste vía mail, e, unha vez revisado todo, reembolsaremos o importe dos produtos que devolvas nun prazo máximo de 14 días hábiles. Tan só se devolverá o importe dos produtos, en ningún caso devolverase o importe dos gastos de envío. O reembolso do diñeiro efectuarase a través do mismo método de pago que utilizaches para
realizar o pedido.

NOTA! Lembra que o produto debe chegarnos en perfectas condicións para que poidamos reembolsarche o diñeiro. Asegúrate que a túa mensaxería trata o paquete con coidado ademas de protexer o suficiente os produtos para que non cheguen deteriorados.

En caso de que recibas un produto defectuoso ou dañado poderás solicitar a devolución do diñeiro sen ningún cargo adicional, ou ben solicitar de novo o envío do produto dañado.

En ámbolos casos debes poñerte en contacto con nós un prazo máximo de 24 horas dende que recibas o pedido, a través do correo electrónico tienda@tonyson.es. No mail tés que indicarnos o problema que presenta o artigo, o número de pedido e adxuntar unha foto para que poidamos comprobar o defecto que presenta. Tamén tés que indicarnos como prefires que procedamos: substituir o produto ou facer unha devolución do importe do producto.

  • Se queres un cambio polo mesmo produto enviarémosche a casa a través de mensaxería e recolleremos o produto defectuoso no mismo envío. Este deberá ir protexido ou dentro dunha caixa para evitar posibles desperfectos ou roturas polo transporte de volta. Neste
    caso, os gastos serán asumidos por Ton y Son.
    No caso de que o produto xa non esté dispoñible, poñerémonos en contacto contigo para devolverte o diñeiro ou facer un remplazo por outro produto que elixas.
  • Se solicitaches o reembolso do coste do produto porque xa non queres o artigo, enviaremosche un transportista a recoller o produto e en canto o revisemos nas nosas instalacións devolverémosche o importe do artigo a través do mesmo medio de pago que utilizache para realizar o pedido.

Para calquera outra cuestión, ponte en contacto con nós, estamos ó outro lado da pantalla sempre que o precises.

Carrito de compra
X
Scroll al inicio