Escríbenos

Escríbenos

Devolucións

No caso de que non esteas satisfeito coa túa compra podes devolver o teu pedido nun prazo máximo de 14 días naturais dende a recepción do mesmo. Este terá que estar en perfectas condicións, sen uso nin modificacións e coa súa embalaxe e accesorios orixinais. Os custos de envío xerados pola devolución corren da túa conta salvo que o produto estea deteriorado. Nese caso nós corremos con todos os gastos.

Para devolver un produto co que non estás satisfeito terás que poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico tienda@tonyson.es e notificarnos que produtos queres devolver. Non se recollerá ningunha mercadoría sen que se notificase con antelación.

Cando nos chegue o produto, revisaremos que todo estea correcto e reembolsarémosche o importe dos artigos adquiridos, nun prazo máximo de 14 días hábiles (só se devolverá o importe do artigo, nunca os gastos de envío). A devolución do diñeiro realizarase a través do mesmo medio que fose realizado o pago.

Recomendámosche que nos devolvas a mercadoría por correo certificado ou cun seguro que poderás facer coa compañía de transporte que elixas, polo valor do produto. En ningún caso farémonos responsables dos danos ou perdas que poidan ocorrer no transcurso dunha devolución por parte do cliente.

No caso que recibas o produto en condicións deterioradas ou defectuoso, será cambiado polo mesmo produto ou che devolveremos o diñeiro sen ningún cargo adicional, sempre que nos comuniques a incidencia antes das 24 horas despois da recepción do pedido.

  • Se desexas un cambio polo mesmo produto envíanos un mail a tienda@tonyson.es indicando o cambio que desexas e fotos do produto defectuoso. Enviarémosche por transporte o novo produto e recollerán o produto que queres devolver. 
  • Se xa non queres o produto indícanos o número de pedido e o motivo da devolución enviando un mail tienda@tonyson.es. Enviaremos o transporte para recoller o produto e en canto revisémolo nas nosas instalacións procederemos a devolver o importe no mesmo sistema no que se efectuase o pago do pedido.
Scroll Up
X