Axenda bullet 'Este año te va a salir bonito'
Esta axenda bullet da marca Mr. Wonderful, contén unha portada preciosa que conta cunha textura que a fai aínda máis especial. Cada mes conta con 5 semanas, para que ninguén quede a medias. E, aínda por riba, cada un deses meses conta con dúas páxinas extra para enchelas de inspiración, con axuda, se queres, dos exemplos que para iso danche nas instrucións. Á fin e ao cabo, non podemos esquecer que esta é a parte máis importante de todas dunha axenda bullet: as coleccións, esas pezas que crea un mesmo segundo os seus propios gustos e necesidades, para dar renda solta a toda a creatividade. As instrucións contan con 20 páxinas en total, que che servirán para acabar de albiscar como enfrontarche a este reto tan bonito: crear a túa propia axenda bullet, ao teu gusto e á túa maneira.
Esta axenda contén:
– Papel de 120 gr., que evita todo tipo de transparencias
– Encadernación cosida con apertura de 180º
– Distribución semanal
– Contido semipautado
– 4 follas de adhesivos
– Cinta marcapáginas
– 20 páxinas de instrucións
– Peto interior para gardar papeis soltos
Características:
Medidas: 15 x 21,6 x 2 cm
Indicacións:
Páxinas: 212
€16.95
Dispoñibilidade: Hai existencias