Chocolatinas 'Papá, eres el nº1'
Calquera escusa é boa para darse un caprichito doce. E, se non, que llo digan ao teu pai! E é que el sería capaz de cambiar a dieta mediterránea por unha dieta baseada en chocolates tan deliciosos como o deste regalazo que aquí che propoñemos. A verdade é que nós tamén… e quen non?
Esta caixa de chocolatinas Mr. Wonderful, cheiña de chocolate con leite e moito amor, é un agasallo ideal para darlle unha alegría ao noso pai. As 24 chocolatinas do seu interior forman o mensaxe “Papá, es o nº1” e o seu deseño Mr. Wonderful faias aínda máis apetecibles. Spoiler: están tan boas que será difícil frear as túas ganas de comerchas todas. Ñam!
Ademais, esta marabillosa caixa de chocolatinas para pais conta cun espazo para que poidas escribirlle a papá que é o que lle fai gañar, ano tras ano, o título de mellor padrazo. Vaia, unha oportunidade orixinal e moi doce para mostrarlle o importante que é para ti. Un detallazo, de moi bo gusto, para sorprender no Día do Pai ou nunha data importante, ou para converter unha tarde calquera nunha cata extraordinaria. Bon appétit!
Contén 24 chocolatinas de chocolate con leite.
Indicacións:
Conservar nun lugar fresco e seco. Manter afastado da luz directa do sol.
€9.95
Dispoñibilidade: Hai existencias