Cunca con mensaxe 'Mamá, eres una pesada'

A cunca existencialista “Mamá, eres una pesada” xorde como unha resposta crítica contra o cinismo comercial das mensaxes manidas e hipócritas sobre a maternidade. Queremos ás nosas nais, pero a miúdo atafégannos co seu instinto de protección, a súa negativa para aceptar que xa somos adultos e, sobre todo, o seu exceso de chamadas telefónicas nos momentos máis inoportunos.

Nas cuncas existencialistas comunícase unha mensaxe radicalmente diferente, que se focaliza en asumir os nosos erros e en non negar o lado negativo da nosa personalidade. Asumir os nosos fallos, aceptalos e verbalizarlos. Poñelos en branco sobre negro.

Miss Miserable é o alter ego dunha moza á que lle encanta o humor negro, o té de todas as cores e é afeccionada ao deseño. Ademais, é unha ávida lectora e para crear esta colección de cuncas que se moven no delicado terreo do absurdo inspirouse na obra de Samuel Beckett. (“Dá igual. Proba outra vez. Fracasa outra vez. Fracasa mellor”).

Características do produto

  • Cunca co mensaxe “Mamá, eres una pesada”.
  • Material: cerámica.
  • Medidas: 8 cm de diámetro x 9,5 cm de alto.
  • Aptas para meter no lavalouzas e o microondas.

12.90

Dispoñibilidade: Hai existencias

Scroll Up
X