Cunca con mensaxe 'Papá, eres un pesado'

O teu pai aínda che di que non chegues tarde cada vez que salgues pola porta? Segue criticando á túa parella cando ides de visita? Ou aínda fai ese odioso comentario de “onde vas con esas pintas”? Como o certo é que adoras ao teu pai, faille saber a túa opinión cun agasallo: unha cunca con mensaxe que mellorará a vosa comunicación.

As cuncas existencialistas son unha resposta crítica contra as falsas receitas para alcanzar a felicidade, ás falsas promesas que pretenden achegar solucións exprés para que experimentemos un crecemento infinito da satisfacción.

Nestas cuncas comunícase unha mensaxe radicalmente diferente, que se focaliza en asumir os aspectos negativos da vida e en non negar os problemas, que é o primeiro paso para solucionalos. Asumilos, aceptalos e verbalizarlos. Poñelos en branco sobre negro.

Miss Miserable é o alter ego dunha moza á que lle encanta o humor negro, os agasallos inusuais e é afeccionada ao deseño. Ademais, é unha ávida lectora e para crear esta colección de cuncas que se moven no delicado terreo do absurdo inspirouse na obra de Samuel Beckett. (“Dá igual. Proba outra vez. Fracasa outra vez. Fracasa mellor”).

Características do produto

  • Cunca cunha mensaxe dirixida aos pais sobreprotectores.
  • Material: cerámica.
  • Medidas: 8 cm de diámetro x 9,5 cm de alto.
  • Apta para meter no lavalouzas e o microondas.

 

12.90

Dispoñibilidade: Hai existencias

Scroll Up
X