Cunca 'Eres la puta ama'

Estamos a favor de dicir as cousas positivas, pero non o imos a facer dunha forma convencional… Combate o discurso politicamente correcto con esta cunca existencialista pensada para as que van de sobradas pola vida.

As cuncas existencialistas nacen como unha resposta crítica contra as falsas receitas para alcanzar a felicidade, para facer fronte aos produtos que pretenden achegar solucións exprés para que experimentemos unha enganosa sensación de crecemento infinito da felicidade.

Nelas comunícase unha mensaxe radicalmente diferente, que se focaliza en asumir os aspectos negativos da vida e en non negar os problemas, que é o primeiro paso para solucionalos. Asumilos, aceptalos e verbalizarlos. Poñelos en branco sobre negro.

Miss Miserable é o alter ego dunha moza á que lle encanta o humor negro, facer agasallos inusuais e é afeccionada ao deseño. Ademais, é unha ávida lectora e para crear esta colección de cuncas que se moven no delicado terreo do absurdo inspirouse na obra de Samuel Beckett. (“Dá igual. Proba outra vez. Fracasa outra vez. Fracasa mellor”).

Características do produto

  • Cunca coa mensaxe  existencialista.
  • Material: cerámica.
  • Medidas: 8 cm de diámetro x 9,5 cm de alto.
  • Apta para meter no lavalouzas e o microondas.
  • A cunca vai embalada nunha caixa de cartón natural con xanela que permite ler a mensaxe.
  • Dimensións do produto na súa embalaxe orixinal: 11cm x 9cm x 10cm.
  • Peso: 395 gramos.

12.90

Dispoñibilidade: Hai existencias

Scroll Up
X