Hucha para darnos un caprichazo (ou dous, ou tres)
Onde hai amor, hai infinitos plans e aventuras esperando para ser gozados. Que fácil e que rápido enchemos a nosa lista de caprichazos, pero como nolas vemos despois para conseguilos… Oxalá todos os plans fosen como os bicos e os abrazos: gratis. Pero iso é o que pasa cando se é dous, que os soños e os plans tamén valen o dobre. E grazas a esta hucha, aforrar será muuuucho máis fácil que nunca! Porque ademais de decorar con ela calquera recuncho da casa, ao baleirala por fin farase posible ese caprichazo (ou dous ou tres) como irse de vacacións a algún destino paradisíaco, renovar cosillas da casa, planear unha escapada exprés, ou por que non, facer realidade o gran bodorrio. Así que xa sexa porque queres que ti e a túa parella poñádesvos en modo aforro on ou porque tes uns amigos que deberían poñerse as pilas se queren facer esa viaxe ao Caribe algún día… Esta hucha orixinal e tan estupenda é o agasallo perfecto, ese detalle de voda especial co que nunca vas fallar, porque ten ese non-se-que que nos lembra que, aínda que aforrar ás veces doia… logo sempre vale a pena!
Medidas da hucha: 10,9 x 19 x 3 cm
– Non expoñer longo tempo ao sol para evitar que as cores perdan intensidade.
€15.95
Dispoñibilidade: Hai existencias