Set de dous llaveros para persoas que encaixan a perfección

Ás veces, esa persoa que tanto queres, complétache. Coñece o que significan esas miradas de terror cando queres irte dun sitio, sabe do que falas aínda que non acabes as frases e mesmo che escribe xusto cando estabas pensado nela. Porque os días sen os seus audios eternos de whatsapp serían grises e con eles, énchense de cor.

Esa persoa especial, xa sexa a túa amiga, a túa compi de piso, a túa curmá do pobo, o teu amorcete ou o teu colega de traballo merécese un premio. Para a súa moto, o seu piso ou para gardar a chave do despacho de billetes do gym, chega este set de dous llaveros para persoas que encaixan á perfección. Dous aguacates monísimos e a mar de coloridos fabricados en caucho para facer as delicias da túa persoa favorita.

Medidas: 4 x 4 cm (cada llavero)
Coidados: Evitar longas exposicións ao sol para que as cores non perdan intensidade.

12.95

Esgotado

Scroll Up
X