Escríbenos

Escríbenos

Set de mandís de adulto + neno - Superchef e Minichef

Marchando unha de instantes inesquecibles cociñando en familia! Tanto se sodes de comida tradicional coma se gústavos innovar con esferificacións e nitróxeno líquido, este set de mandís é o complemento ideal para formar un gran equipo entre fogóns. O kit inclúe un mandil infantil para Minichefs e un mandil adulto para Superchefs. Non haberá técnica nin empratado que se vos resista e poderedes despedirvos desas salpicaduras que sempre van ás prendas que máis nos gustan. Sayonara, babies!
Sen dúbida, trátase dun agasallo estupendo que non deixa cabida para as manchas, pero si moooito espazo para pasalo ao grande na cociña. Os únicos ingredientes necesarios para iso son: unha boa receita, estes estupendos mandís e unha lista de música que vos faga de banda sonora. E que non falten o bo rolo e as ganas de aprender! Acabaredes cociñando pratos tan ricos que, cando preguntedes se alguén quere repetir, diranvos: “si, chefs!”.

Características:
Inclúe mandil adulto e mandil infantil.
Medidas do mandil adulto: 59,5 x 78,5 cm
Medidas do mandil infantil: 49 x 60 cm
Talla única

Indicacións:
Lavar a máquina en auga fría.
Pasar o ferro a baixa temperatura.
Non usar lixivia.
Non meter na secadora.

25.95

Dispoñibilidade: Hai existencias

Scroll Up
X