Escríbenos

Escríbenos

Set de vela e mikado para ese descanso que che gañaches

Que hai mellor que un merecidísimo momento de descanso? Que llo digan ás nosas nais: sempre correndo para arriba e para abaixo, repartindo amor en cantidades industriais e facendo sempre das nosas vidas algo marabilloso. Mamás: agora toca apagar a maquinaria e acender a vela deste marabilloso kit. Gañástesvos o mellor dos descansos!
Formado por unha vela 100 % vexetal e un ambientador tipo mikado, este pack é ideal para dedicarse tempo a unha mesma. É hora de quitarse os zapatos, poñerse cómoda e empezar este ritual de relaxación onde só hai oco para a desconexión. E, para iso, nada mellor que o aroma Flowers and whishes deste artigo: un perfume ideal para abrazar a calma e escapar da espiral de tensión que tan pouco ben nos fai. Ademais, o seu deseño ten ese toque Mr. Wonderful que, ademais de ser superoriginal, transmite moi bo rolo. Encántanos!
Tanto se se aveciña o Día da Nai ou unha data importante coma se queres converter un día normal nunha celebración, este agasallo será un éxito seguro. Xa nos estamos imaxinando á afortunada dicindo “ Mmmmm! Que ben cheira!”.

Características:
Vela con cera 100 % vexetal
Aroma: Flowers and wishes (white musk)

Indicacións:
Manter afastado de nenos e mascotas.
Non inxerir o líquido (en caso de inxestión accidental, acudir rapidamente a urxencias).
Acender a vela un máximo de 2 horas.
Non deixar a vela acesa sen supervisión.
Manter a vela acesa afastada de obxectos inflamables.
Manter unha distancia mínima de 10 cm entre velas acesas.

19.95

Dispoñibilidade: Hai existencias

Scroll Up
X