Xogo de cordas para baixo Rosound RS66LD
Cordas con cordón de aceiro. As cordas Rotosound son unha das cordas de cordón redondo que maior relevancia tiveron na historia do rock. Rotosound foi a primeira empresa en producir en serie estas cordas que foron presentadas en 1962 e cambiaron o son do baixo entón de maneira notable e inmediata. De feito son as cordas favoritas de moitos músicos entre os que se atopan Billy Sheehan, John Paul Jones ou Geddy Le.
- Cordas para baixo
- Set de 4 cordas
- Escala longa
- Aceiro inoxidable
- Calibres: 045 – 065 – 080 – 105
€29.00
Dispoñibilidade: Hai existencias