Escríbenos

Escríbenos

Tote Bag con mensaxe 'GRL PWR'

Vivimos unha nova onda feminista absolutamente necesaria para que se produza un cambio de mentalidade global que loite contra a opresión que sofren todas as minorías desfavorecidas. As mulleres son unha maioría que viviu como unha minoría durante séculos e que se compromete coa defensa dos dereitos de todos os que son silenciados.

O lema GRL PWR acuñouno o grupo Punk Bikini Kill en 1991 para dar nome á revista colaborativa que daba voz ás mulleres fronte ao patriarcado coas súas publicacións de imaxes e textos combativos. Case 30 anos despois, segue sendo unha mensaxe chea de forza.

Fabricada 100% en algodón orgánico con certificado GOTS e con costuras laterais para evitar que encolla ao lavarse, esta bolsa leva impreso en rosa sobre negro unha mensaxe de empoderamento con tinguiduras moi optimistas.

Características do produto

  • Bolsa tipo tote bag coa mensaxe GRL PWR impreso en rosa.
  • Material: 100% algodón orgánico con certificado GOTS.
  • Medidas: 38 x 42 cm.
  • Con costuras laterais para evitar que encolla ao lavarse.
  • Lavar en lavadora a unha temperatura máxima de 30 º C.

9.50

Dispoñibilidade: 2 dispoñibles

Es un regalo ?

Product price
Additional options total:
Order total:
Scroll Up
X